sábado, 10 de mayo de 2014

A Lareira


El siguiente proyecto es mostrado en su pagina web "A Lareira". (Por motivos de comodidad, se ha subido el video a Youtube también para poder ser colgado en el blog)


Cortometraje dirigido, producido y escrito por Iván Prado Rodríguez, con la colaboracion de Francisco Ebra Carrera.

Interpretado por Anxo Quintairos Veloso, Cristian Bolaño Losada y Miguel Garcia Lopez.

Editado con Adobe Premiere CS6 y Audition CS6. Grabación de efectos con Audacity con Soundflower.

Duración aproximada: 8:40

viernes, 2 de mayo de 2014

Guión de "A Lareira"
(Este guión será adapatado según los medios disponibles a la hora de su grabación)

Pido disculpas por estar en gallego. La facilidad de expresión en ese idioma es más sencillo y eficaz.




Personajes


ANXO
CRISTIAN
MIGUEL




1. ESCENA: SUBIDA

1     EXT. MONTE - DÍA
(Plano xeral contrapicado. Ascende ata altura dos
ollos en cuanto os personaxes sobrepasan a cámara.)

Aparecen tres persoas: ANXO, MIGUEL e CRISTIAN. Fai bo tempo aínda que algo de vento. Os homes camiñan por un sendeiro de terra e grava cara o cumio do monte. Van os tres ombreiro con ombreiro dándolle as costas a cámara.

2     EXT. MONTE - DÍA
(Plano medio lateral en movemento, seguindo os personaxes.)

Os tres amigos seguen camiñando, Cristian e Miguel nas beiras. Encóntranse un pouco máis atrasados.

3     EXT. MONTE - DÍA
(Panorámica dende o cumio do monte, dende Rebordechao
ata a chaira. Aparecen en escena os homes polo camiño
achegándose ata a cámara. Os homes camiñan e a cámara
mantenos en encadre retrocedendo. Sobrepasan a cámara
e esta ségueos.)

Camiñan ata chegar a un penedo. Anxo comeza a subir por el, detrás van Cristian e Miguel.

4     EXT. MONTE - DÍA

(Plano xeral corto picado. Despois da acción a cámara
cambia a un plano panorámico collendo a posta do sol
ata que se fai de noite)

Anxo, unha vez arriba, parase e quedase observando o horizonte cás mans na cintura. Chega Miguel e seguidamente Cristian. Anxo mira a Miguel, que esta a súa dereita(?) e bótalle unha man o ombreiro. Anxo baixa a cabeza mentres se xira e comeza a marchar cara outra parte do penedo.

FADE OUT


2. ESCENA: CONVERSAS


5     EXT. MONTE - NOITE
(Plano detalle do lume)
A fogueira esta a queimar os troncos que lle botaron.

6     EXT. MONTE - NOITE
(Primero plano de Anxo)
Anxo, coa mirada perdida mira cara o fogo. De socate levanta a cabeza e mira cara Cristian e Miguel.

7     EXT. MONTE - NOITE
(Plano medio semilateral de Cristian, cambia o
enfoque da cámara a Miguel que esta nun segundo
plano.)

Os amigos están ausentes, xogando con algunha pedra. Cristian bota unha man o pescozo, levanta a cabeza e sorrí.


8     EXT. MONTE - NOITE
(Plano xeral dos tres o redor do lume.
     
      Anxo segue mirándollos. Devólvelle o sorriso a Cristian. Cambia de postura e cruza as pernas.

ANXO
(Con certa pena na mirada)
Acordádesvos de cuando estabamos todos xuntos? Dos magostos e dos cumpleanos?
(Pausa)

MIGUEL
Claro que nos acordamos, como non nos íbamos acordar.

9     EXT. MONTE - NOITE
(Plano medio lateral de Anxo)

Anxo esta mirando cara o fogo pero de vez en cando bota unha ollada para os seus compañeiros. A súa expresión e triste aínda que fai un esforzo por esbozar un sorriso mentres fala.

ANXO
Si que eran bos tempos.
(Faise un silencio incomodo)



10    EXT. MONTE - NOITE
(Plano xeral do grupo)

Miguel mira cara ningún lado un pouco incomodo, mentres, tira unha pedra sen moita ansias.

11    EXT. MONTE - NOITE
(Primeiro plano semipicado de Anxo)

Anxo ten a cabeza gacha. Esta a xogar con algo. Levanta a cabeza.

ANXO
(Con voz seria.)
Sabedes?
(Pausa.)
Aquel día foi o peor da miña vida.
(Pausa)
Deixástesme aiqui solo, sin forzas.
(Suspira.)

12    EXT. MONTE - NOITE
(Primeiro plano semilateral de Cristian)

Bota as mans a cabeza lentamente e bufa. Os seus ollos buscando no infindo onde apoiarse.

13    EXT. MONTE - NOITE
(Primeiro plano semipicado de Anxo)

A face de Anxo pouco a pouco vaise descompondo. Os ollos comézanlle a brillar pola auga.

ANXO
(Con voz fría)
Aquel día vinme solo. Abandonástesme.
(Pausa)
Sabedes que, tamén? Nunca me din reposto deso. Cada dia e cada noite soño con eso... e vos, vos non fustes capaces de facer nada mais que marchar.

14    EXT. MONTE - NOITE
(Plano en profundidad, Cristian en primeiro plano, Miguel en segundo)

Cristian abanea as mans a modo de reproche e Miguel, mentres Cristian fala, pon cara de pena e move a cabeza.



CRISTIAN
Anxo, nos nos queriamos eso. Non podes decir eso. Tes que olvidarte do que pasou e seguir adiante, tio.

15    EXT. MONTE - NOITE
(Primeirisimo plano de Anxo)

Con cara de resignación.


ANXO
Non podo Cristian! Aquel día...
(Aperta os beizos para non chorar e baixa a cabeza. Faise un silencio)

FADE OUT.


  1. ESCENA: CAMIÑO

16    INT. COCHE - DÍA
(Plano medio en profundidade dende o parabrisas do coche)

Vese a Miguel conducindo, Anxo de copiloto e Cristian sentado no medio do asento traseiro, apoiando os brazos nos asentos de adiante. Gardase silencio.

ANXO
A ver, onde vemos?
(Pausa)

Miguel e Cristian están moi serios.

MIGUEL
Anxo. Temos que facer algo.

ANXO
(Comezando a alterarse)
Algo de que? Pero que dis tío?

17    INT. COCHE - DÍA
(Primeiro plano de Cristian)
Cristian mira para Anxo dende o seu asento, moi serio.

CRISTIAN
Anxo, non podes seguir así.



18    INT. COCHE - DÍA
(Plano medio semilateral dende o parabrisas de Anxo)

Anxo séntese atacado e comeza a abanear as mans sobresaltado.

ANXO
Pero que cona decides, joder. Onde me levades, hostia. Pero tío?


19    INT. COCHE - DÍA
(Plano medio de Miguel conducindo, dende o parabrisas)

Miguel mira para Anxo intentando tranquilizalo, solta o volante cunha man e faille unha sinal de “para”.

MIGUEL
Veña tio, pénsallo. E por ti. Non te poñas así, joder.
(Pausa)
Vamos levarte alí, pa axudarche. Tes que salir desto.

20    INT. COCHE - DÍA
(Plano medio de Anxo dende a posición do piloto)

Anxo mira para Miguel cos ollos moi abertos, coma si non puidera crelo, logo mira para Cristian un intre e volve mirar para Miguel.

ANXO
(Moi alterado, berrando, movese nervioso)
Pero que dis hostia? Bo. No tio, no, no. Que sabedes vos do que me fai falta a min? Que cona sabedes? Joder! Sodes uns fillos de --

21    INT. COCHE - DÍA
(Plano xeral do interior do coche)
Vense os tres compañeiros. Miguel atento a carretera, Cristian con cara de enfadado e Anxo sobresaltado.

CRISTIAN
(Berrando por riba de Anxo. Moi serio e directo.)
Cálate Anxo! Xa esta dito.

Anxo, tras escoitar a Cristian, queda quieto un intre, pensativo. Ó reaccionar dálle un golpe o salpicadeiro do coche.


ANXO
(Dándose por vencido)
Bo. Joder.

FADE OUT


  1. ESCENA: CONVERSAS (SEGUNDA PARTE)

22    EXT. MONTE - NOITE
(Plano xeral do ceo, a lúa vese nunha veira do encadre)

A lúa corona o ceo. A noite e pechada a non ser pola luz que esta desprende.

23    EXT. MONTE - NOITE
(Plano xeral en movemento de Cristian e Miguel) 

Os dous amigos estaban a mirar para Anxo, que estaba falando. Miguel semi tumbado e Cristian cas pernas cruzadas e un codo apoiado no xeonllo, na man a cabeza.
ANXO (O.C.)
Aquel día vin como os meus amigos me traicionaban e me deixaban...

24    EXT. MONTE - NOITE
(Plano medio semilateral picado de Anxo)

Anxo seguía a mirar cara as mans que argallaban cunha rama. Tiña a voz entrecortada e tensa.

ANXO
...alí tirado.

25    EXT. MONTE - NOITE
(Plano medio de Miguel)

Miguel movese inquedo e bufa. 

MIGUEL
(Levanta una pouco a voz pero sen comezar a berrar)
Pero como podes decir --

26    EXT. MONTE- NOITE
(Primero plano de Anxo)

Anxo adianta a cabeza ameazante e abre ben os ollos. Moi alterado, berra.

ANXO
Calate! Pero tu que sabras, joder! Tu non sabes como --




27    EXT. MONTE - NOITE
(Primeiro plano de Cristian)

Cristian alterase tamén.

CRISTIAN
(Berrando)
Como, que? Deixa de dar pena, hostia! Cres que foi fácil pa nos ou que?!

28    EXT. MONTE - NOITE
(Plano medio de Anxo)

Anxo queda calado un intre, logo, dirixese cara Cristian e pon cara de noxo.

ANXO
(Pausa)
Que vos den!

Anxo canso de berrar levantase e comeza a marcharse a paso lixeiro, malhumorado.

29    EXT. MONTE - NOITE
(Plano en detalle da fogueira)

A fogueira segue ardendo, quentandollos do frio da noite.

30    EXT. MONTE - NOITE
(Plano xeral curto traseiro de Anxo)

Encontrase de pe, coas mans na cabeza. Pouco a pouco vainas baixando e empezase a xirar un cuarto de volta ata quedar de perfil a cámara.
Bota unha unlla a boca e comeza a mordela nervioso. Logo baixa a man e mira cara o chan, logo cara os lados. Fruncindo o ceño.







  1. ESCENA: CAMIÑO (SEGUNDA PARTE)

32    INT. COCHE - DÍA
(Primeiro plano de Anxo dende a porta do copiloto)

Anxo ten a cara compunxida, mirando a ningures. Apoya a fronte no espello da porta do copiloto.

33    INT. COCHE - DÍA
(Plano xeral do interior do coche dende o parabrisas)

Miguel mira cara a carretera pero de vez en cando mira hacia Anxo, esperando a que diga algo. Cristian esta recostado no asento de atras, en silencio, mirando cara o solo.

34    INT. COCHE - DIA
(Plano medio lateral de Miguel)

Esta atento a estrada, case sen pestañear.

ANXO (C.C.)
(Coa voz sen vida)
Non quero que me deixedes solo... Necesitovos...

35    INT. COCHE - DIA
(Plano medio frontal de Cristian)

Cristian comeza a falar, pouco a pouco erguese e, de novo, apoya os brazos nos asentos dianteiros.

CRISTIAN
Anxo, farache ben. Alí poraste millor, faime caso.

36    INT. COCHE - DIA
(Plano medio semilateral de Anxo)

Anxo ten un semblante de repugnancia, coa boca descadrada. Esta mirando de medio lado cara atras. Sinala a Cristian mentras o nombra e logo mira cara Miguel e fai un movemento que expresa dubida.

ANXO
Cristian, non tes nin idea. Non sabes nada, nin tu Miguel. Sodes uns imbeciles. Estar solo non me axudará en nada. Miguel tio, de verdad queres deixarme ali?




37    INT. COCHE - DIA
(Plano medio lateral de Miguel)

Sintese desfeito, sen saber que dicir. Soamente mira cara a estrada.

MIGUEL
(Incomodo)
Non o fagas máis dificil, nos... non ves que... que é por ti.

38    INT. COCHE - DIA
(Plano xeral dende o parabrisas)

Anxo mira cara Miguel, abaneando os brazos mentres fala, dunha forma muy dramatica. Mentres, Miguel segue concentrado na estrada e Cristian mira cara Anxo.

ANXO
(Enfadado pero tranquilo)
Como que por min? A caso vos preguntastesme o que queria? Non tedes nin idea do que me esta pasando. Solo pensades en--

MIGUEL
Anxo, xa esta, non? Que queres que fagamos? Vaste matar si sigues asi, daste conta?

39    INT. COCHE - DIA
(Plano medio lateral de Anxo)

Anxo non aguanta máis a conversa e nun intento por deter a situacion bota as mans o volante do coche dando un xiro moi brusco.

ANXO
Xa esta?! Non, claro que non esta! Da a volta Miguel.
(Pausa)
Escoitasme? Miguel, hostia!
Me cago na puta!










  1. ESCENA: CONVERSA (TERCEIRA PARTE)

40    EXT. MONTE - NOITE
(Plano xeral do grupo. A camara vai xirandose pouco a pouco ata enfocar a Anxo)

Miguel e Cristian seguen sentados a espera de que Anxo volte. Lentamente Anxo volve, tranquilizado, e sentase onde antes estaba sentado. Ten os ollos chorosos e esta un pouco nervioso ainda.

41    EXT. MONTE - NOITE
(Plano medio lateral de Anxo)

Anxo esta mirando o chan e logo mira cara os seus compañeiros. Suspira. Queda mirando para eles, sen saber que dicir. Volve baixar a mirada cara as chamas.

42    EXT. MONTE - NOITE
(Plano en detalle da fogueira)

O lume sigue alumando as caras dos homes, queimando a madeira pouco a pouco.

43    EXT. MONTE - NOITE
(Priemiro plano de Anxo lateral)

Anxo mira cara os seus amigos e, concienciandose, comeza a falar.

ANXO
(Moi triste)
Non podo máis. Cada dia sen vos... Necesitovos Cristian.

44    EXT. MONTE - NOITE
(Plano medio frontal de Cristian)

Cristia mira cara Anxo. Ten os ollos chorosos tamén e a cara con esforzo para non comezar a chorar.

CRISTIAN
Anxo, non podemos facer nada. O que pasou, pasou e xa esta. Ahora tes que valerte tu solo. Non sabes o que daría por estar con vos aínda. Os tres xuntos.


45    EXT. MONTE - NOITE
(Plano medio lateral de Anxo.)

Anxo non aguanta máis e comezan a esbararlle bagoas polas meixelas. Mira cara o solo e absorbe os mocos. Logo volta mirar cara arriba.

46    EXT. MONTE - NOITE
(Plano xeral do sitio de Crisitan)

A fogueira aluma o lugar onde estaba Cristian sentado, que agora mesmo esta vacio. Crisitan desapareceu. So quedan Anxo e Miguel.


  1. ESCENA: CAMIÑO (TERCEIRA PARTE)

47    INT. COCHE - DIA
(Plano lateral medio de Anxo.)

A camara esta un pouco desenfocada. Anxo sangra pola fronte e sintese desorientado. Comeza a moverse torpemente e move a cabeza desorientado. Mira cara a sua esquerda e ve a Cristian empotrado no parabrisas sangrando, morto. Miguel esta apoiado no volante tamben sen vida.

48    INT. COCHE - DIA
(Plano xeral semilateral dende o parabrisas. A camara fai un paneo cara a esquerda ensinando os corpos de Miguel e Crisitan)

Anxo toca a Cristian coa man, movendollo e ve que non lle constesta. Comeza a chorar incredulo sen poder creer o que acaba de pasar.

ANXO
Cristian? Tio? Estas ben? Cristian?!
(Pausa)
Miguel?! Joder. Non, non, tios...

FADE OUT






7: ESCENA: CONVERSAS (CUARTA PARTE)

49    EXT. MONTE - NOITE
(Primeiro plano lateral de Anxo)

Anxo esta chorando sen poder evitalo. Non aguanta máis e bota as mans a cara.

50    EXT. MONTE - NOITE
(Plano medio frontal de Anxo)

Anxo ten a cara tapada cas mans chorando. Oese como solloza e absorbe os mocos. Lentamente levanta a cabeza e destapalla. Mira cara o sitio onde estaba sentado Miguel.

MIGUEL
Perdonanos Anxo.

51    EXT. MONTE - NOITE
(Plano xeral do sitio onde estaba Miguel sentado)

Miguel xa non esta no seu sitio. Agora anxo atopase so, mirando cara a nada.

52    EXT. MONTE - NOITE
(Plano xeral da fogueira e dos sitios onde estaban sentados antes os demais)

Anxo esta so. Mirando cara onde estaba Crsitian e Miguel. Esta chorando, desconsolado.
Erguese pouco a pouco e achegase a fogueira, apagalla e marcha mentres se extingue o lume.

FADE OUT



FIN